Ir o contido principal

Emprendia acolle todo o mes unha exposición monográfica sobre a auga

De esquerda a dereita, Eduardo Pardo, Juan Casares, Tomás Michel e Enric Vázquez (Foto: SERVIMAV)
De esquerda a dereita, Eduardo Pardo, Juan Casares, Tomás Michel e Enric Vázquez (Foto: SERVIMAV)

O reitor da USC, Juan Casares Long, presidiu este luns no Edificio Emprendia a inauguración da exposición ‘A esfera da auga’, que se poderá visitar en horario de mañá ata o 30 de xuño. Na apertura participaron ademais o director de CETaqua, Tomas Michel, e o coordinador institucional do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo. A continuación interveu o investigador do Instituto de Diagnose Ambiental e Estudos da auga e experto en hidroxeoloxía urbana, Enric Vázquez Suñé, cunha conferencia na que explicou a xestión da auga en cidades intelixentes. A mostra itinerante, enmarcada no Ano Internacional da cooperación na esfera da auga 2013 e producida polo CSIC e Aqualogy, introduce ao visitante no mundo da auga, desde as súas propiedades químicas ata o seu papel na historia e a civilización humana.

Os contados divídense en dous grandes bloques: o primero –Agua y Naturaleza– sigue el curso del ciclo hidrológico, su relación con el clima y los ecosistemas; no segundo –Agua y Sociedad– la exposición se adentra en la influencia del ser humano en el ciclo natural del agua, su contaminación, así como en las soluciones para el acceso al agua potable, sin olvidar la relación del agua con la historia, la salud y la tecnología.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.06.2013.