Ir o contido principal

Un encontro internacional en Ciencias Políticas reflexiona sobre a influencia recíproca entre cultura e crise

O II Simposio Internacional ‘Cultura e Crise’ celebrarase os días 25 e 26 na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, organizado polo Centro de Investigación en Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes da USC (CIPPCE). Tras a celebración do simposio ‘Cultura e migración’ en outubro de 2011, os grupos que integran o CIPPCE pretenden agora impulsar un espazo de reflexión sobre as relacións entre a cultura e a crise. Co conxunto de intervencións programadas, os/as promotores/as desta iniciativa tentan atopar respecta a cuestións como se a crise da cultura pode devir nunha cultura da crise, qué valores se poden recoñecer nas novas formas culturais xurdidas como resultado da actual situación económica global, están a retornar as prácticas artísticas comprometidas?, ou en qué sentido a actual conxuntura económica mudou o escenario das políticas culturais contemporáneas. A resposta a estas interrogantes permitirá trazar un punto de partida neste simposio internacional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.10.2012.