Ir o contido principal

Encontro na residencia Monte da Condesa co triatleta e ironman Iván Raña

A Residencia Universitaria Monte da Condesa organiza este mércores un encontro con Iván Raña, campión do mundo e de Europa de triatlón así como participante en campionatos de Ironman.

A súa presenza na Sala de Usos Múltiples do Módulo 2 da residencia servirá para compartir con quen se achegue ao encontro a partir das 18.00 horas as súas múltiples experiencias tanto profesionais como persoais vinculadas coa práctica deportiva e que o teñen convertido nun referente do triatlón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.11.2016.