Os encontros Emprendiápolis prestan atención ás vías de financiamento europeas para Empresas de Base Tecnolóxica
Os Encontros Emprendiápolis organizan unha nova actividade formativa dirixida nesta ocasión ás vías de financiamento europeas dedicados ás Empresas de Base Tecnolóxica (EBT). De matrícula gratuíta, os seus destinatarios/as son profesionais vinculados á área de creación de empresas xurdidas do coñecemento e/ou a tecnoloxía, ben como persoal técnico ou como promotores/as. A cita será o próximo venres 22 no Edificio Emprendia. Na xornada proposta por Emprendiápolis exporanse as diferentes vías de financiamento europeo a partir da experiencia de expertos en preparación de propostas e coordinación de proxectos, ao tempo que se mostran casos prácticos de empresas que se beneficiaron deste tipo de axudas. O número de prazas ofertado está limitado, non obstante, poderase seguir o seu desenvolvemento en streaming a través de USC TV para, desta forma, facilitar a afluencia de público evitando desprazamentos. Para acadar máis información sobre o programa e a matrícula, as persoas interesadas poden dirixirse á web http://www.emprendia.es/encontros/mailing_4_gal.html.