Os encontros Emprendiápolis reflexionan sobre a xestión dos equipos humanos nunha EBT
Atraer e reter a persoas con talento, desenvolver as súas capacidades, fomentar o seu compromiso, fortalecer as actitudes individuais e a cultura corporativa, así como obter un alto rendemento, apoiando a innovación e desenvolvendo o liderado, son os principais retos aos que se enfrontan as Empresas de Base Tecnolóxica (EBT). Para atender estas cuestión os encontros Emprendiápolis organizan unhas xornadas sobre a xestión dos equipos humanos nunha EBT este venres 15 no edificio Emprendia (Campus Vida). Promoven esta acción formativa a USC, xunto a Uniemprende, Emprendia e Woman Emprende, deseñando un programa enfocado a convencer acerca da toma en consideración e valoración das persoas como o activo máis valioso dunha empresa. Como apuntan os organizadores da xornada, a principal carencia de recursos humanos é a dificultade para cuantificar e medir o impacto da súa xestión nos resultados da organización. Entre os seus destinatarios/as, estas xornadas se dirixen fundamentalmente a profesionais vinculados a área de creación de empresas procedentes do coñecemento e/ou da tecnoloxía, ben como persoal técnico ou como promotor.