Os encontros semanais de estudantes internacionais na residencia Bay y Gay rematan este xoves con representantes de Italia, Francia e Ecuador
Os Encontros entre estudantes internacionais (International Students Meetings), organizados pola Oficina de Relacións Exteriores do Campus de Lugo para a dinamización e fomento da mobilidade entre os universitarios, rematan este xoves 24 no salón de actos da residencia de estudantes Bal y Gay.
Esta actividade, que tivo lugar todos os xoves do mes de abril ás 21:00 horas, consistiu en diferentes presentacións nas que os estudantes estranxeiros deron a coñecer os aspectos da vida cotiá dos seus países, así como información xeral das súas universidades.
Estes encontros, promovidos polos propios estudantes, constitúen unha oportunidade para o diálogo aberto entre o alumnado estranxeiro e os estudantes e profesores do Campus lugués, favorecendo o intercambio de experiencias e valores.
Na reunión de mañá participarán sete estudantes. En primeiro lugar falarán Andrea Trentini e Moira Mattioni, da universidade italiana degli Studi di Bologna, seguidos da francesa Pauline Abernot, da Université de Haute-Bretane (Rennes II). Tamén intervirán os estudantes de Ecuador Lupe Cecilia García Espinoza, da Universidade de Guayaquil; Lupe Páez Garíca, da de Pinar del Río; Fabián Reyes Bueno, da Nacional de Loja, e Daniel Kléher Morán Zuloaga, da Escola Politécnica do Litoral.
Esta actividade semanal englóbase dentro do programa elaborado para o Campus de Lugo co obxectivo de fomentar a participación dos estudantes nos programas de mobilidade con distintos países do mundo cos que conta a USC.