Ir o contido principal

Enrique Macías Virgós reflexionará sobre o futuro das matemáticas deste século

As matemáticas xogan un papel fundamental no desenvolvemento científico e técnico da sociedade. Este é o punto de partida da conferencia que o profesor da USC Enrique Macías Virgós desenvolverá o vindeiro luns 20 na conferencia ‘As matemáticas do século XXI’, incluída na programación do ciclo Unha andaina pola Matemática. A intervención de Macías Virgós poderá seguirse na Aula Magna da Facultade de Matemática a partir das 17:00 horas.
Macías Virgós entende que no futuro os matemáticos terán novos xeitos de traballar e organizarse e os educadores van ter que poñer ao día os plans de estudo para adaptarse a unha sociedade cada vez máis tecnificada, “en todo caso as matemáticas continuará a ser unha delicada mestura de utilidade práctica e beleza intelectual”, subliña o docente compostelá como adianto da súa conferencia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2009.