Ir o contido principal

Entrega da Certificación do Sistema de Xestión da Calidade da área de Xestión Académica

A secretaria xeral da USC, Consuelo Ferreiro, recibe este venres 18 de mans do director xeral en Galicia de AENOR, Martín Pita, a Certificación do Sistema de Xestión da Calidade da área de Xestión Académica baixo a norma ISO 9001:2008. O acto será ás 14.00 horas no Salón de Graos de San Xerome.

En realidade trátase da renovación da certificación que os servizos de Xestión Académica e de Xestión da Oferta e Programación da USC acadaran por primeira vez en 2005.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.05.2017.