Ir o contido principal

Entrega de diplomas en Lugo á terceira promoción do Máster en Prevención de riscos laborais e saúde medioambiental

A terceira promoción do Máster en Prevención de riscos laborais e saúde medioambiental recollerá os seus diplomas este venres 15 ás 18.00 horas no Salón de Actos de Ciencias de Lugo. Presidida polo vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación, Pablo Ramil Rego, na cerimonia intervirán o decano da Facultade de Ciencias de Lugo, José Manuel Martínez Ageitos; o coordinador do Máster, Carlos Herrero Latorre; o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Tecnicos Industriais de Lugo, Jorge Rivera Gómez; a delegada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables da Deputación Provincial de Lugo, Sonsoles López Izquierdo; e o concelleiro de Servizos Xerais e Modernización da Administración de Lugo, Francisco Fraga López.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.07.2011.