Ir o contido principal

Entrega de diplomas do Máster en Prevención de Riscos Laborais da Facultade de Ciencias

A Facultade de Ciencias celebra este xoves, día 20, o acto de clausura e entrega de diplomas aos vinte alumnos que cursaron a III edición do Máster en Prevención de Riscos Laborais neste centro universitario. O acto celebrarase no Salón de Actos da facultade ás 12:30 horas.
A entrega de diplomas estará presidida polo vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, e polos directores do máster, Carlos Quintás Fernández e Francisco Fraga López, que tamén é decano da facultade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2007.