Ir o contido principal

Entrega dos premios do concurso de proxectos de fin de carreira nas especialidades de Química Industrial e Tecnoloxía dos Alimentos

O Salón de Graos da Facultade de Ciencias será o marco escollido este martes 16, ás 12:30 horas, para a entrega dos premios do concurso de proxectos fin de carreira nas titulacións de Enxeñaría Técnica Industrial, en Química Industrial, e de Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos.
No acto estarán presentes o vicerreitor de Coordinación do Campus, Carlos Herrero; o decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga; o vicedecano, José Manuel Martínez; o decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, Jorge Rivera, o así como o director xeral de Ingapan, José Manuel Chousa; e os presidentes das asociacións Altaga, Marta Prado, e Atabeira, José Luis Fernández, patrocinadores do concurso.
No acto entregaranse tres premios en cada unha das titulacións, o que supón un total de 3.700 euros aos que se suma a posibilidade de obter un contrato de traballo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2008.