Entrega dos premios do II Concurso Literario Mazarelos
Filoloxía entregará este mércores 21 os premios do II Concurso Literario Mazarelo, convocado pola Comisión de Normalización Lingüística desta Facultade coa finalidade de fomentar a creatividade a mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega.
Neste segunda edición, á que concorreron vinte e cinco obras, foron galardoados Philip Ducan Webb, primeiro premio polo relato ‘Satanás fóra! – Realidade e ficción no Códice Casabraván’; Alba María Rodríguez Díaz, segundo premio por ‘O mes máis cruel’; e Gisella Costas López, polo poema ‘ Inasíbel’. Cada un deles percibirán 500, 250 e 150 euros, respectivamente.
A entrega comezará nunha sesión pública no Salón de Graos ás 17.00 horas na que participarán a vicedecana do centro, Mª do Cebreiro Rábade; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; e o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala. Tamén estarán presentes unha representación do xurado, que integraron os docentes Carlos Quiroga, María Xesús Nogueira e Alba Cid e as escritoras Antía Otero e Lara Dopazo.