Ir o contido principal

Entrega dos premios Jesús García Calvo e Valentín Paz Andrade

A cuarta edición dos premios Jesús García Calvo en investigación en desenvolvemento rural e cooperación e Valentín Paz Andrade en Economía de Galicia entregaranse nun acto público o próximo luns 5 de febreiro. O reitor Juan Viaño a xornada que comezará ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca coa conferencia que pronunciará ex presidente da Xunta de Galicia, o profesor Emilio Pérez Touriño, titulada ‘Retos e perspectivas da economía galega’.

A entrega de galardóns principiará cos correspondentes ao Premio Jesús García Calvo na modalidade de teses de doutoramento, Traballos Fin de Grao e Máster. En teses resultou premiada Xiana Rodil Fernández por 'Mercantilização turística da agricultura. Uma leitura das recomposições dos espaços rurais galegos’, mentres que na modalidade de TFM/G o galardón foi para Rubén Rey París por ‘Forza da unión gandeira. Cooperativismo e sociedades agrarias de transformación en Mazaricos’. O xurado acordou declarar deserta a modalidade de textos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas.

Pola súa banda, o premio Valentín Paz Andrade na modalidade de traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recaeu no artigo ‘Obesity: a major problem for spanish minors’ publicado no volume 24 da revista Economics and Human Biology asinado por Manel Antelo, Pilar Magdalena e Juan Carlos Reboredo. Na modalidade de teses de doutoramento foron premiados Fernando Corbelle Cacabelos por ‘ Pobreza: conceptos, enfoques y métodos de análisis. Tres ensayos de medición aplicada: España y Eurorregión de Galicia‐Norte de Portugal’ e Diana Fernández Méndez por ‘Envejecimiento y protección social de la dependencia en España: efectos sobre el Empleo’.

O acto rematará coa intervencións do presidente da Fundación Feiraco, José Montes Pérez; da presidenta do Consello Económico e Social de Galicia, Corina Porro; e do reitor Juan Viaño que clausurará o acto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2018.