Entregan este martes a dez estudantes universitarios as bolsas de alimentación da Praza de Abastos
A Universidade de Santiago de Compostela e a Praza de Abastos de Santiago colaboran dende hai anos na concesión de bolsas de alimentación para o alumnado universitario coa pretensión de inicialo nos bos hábitos alimentarios e de consumo. Cada ano son dez as persas beneficiarias destas axudas destinadas ao consumo de produtos frescos nos establecementos do mercado compostelá cunha contía de 30 euros semanais do 21 e xaneiro ao 30 de xuño deste ano. Os estudantes recibirán este martes 22 o bono ás 11.00 horas na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (Casas Reais, nº 8. Santiago) nun acto no que participan o vicerreitor de Estudantes e Formación Continua, Francisco Duran; o presidente de Mercado de Abastos, José Fernández; e a concelleira de Mercados, Reyes Leis.