Entregan este venres as bolsas de alimentación da Praza de Abastos a dez estudantes universitarios
A Universidade de Santiago de Compostela e a Praza de Abastos de Santiago colaboran dende hai anos na concesión de bolsas de alimentación para o alumnado universitario coa pretensión de inicialo nos bos hábitos alimentarios e de consumo. Cada ano son dez as persas beneficiarias destas axudas destinadas ao consumo de produtos frescos nos establecementos do mercado compostelá, cunha contía de 5 euros diarios a gastar de luns a sábado ata o 28 de xuño. Os estudantes agraciados na convocatoria deste ano recibirán o bono este venres 10 ás 11.00 horas na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (Casas Reais, nº 8. Santiago) nun acto público ao que está prevista a asistencia do vicerreitor de Estudantes e Formación Continua, Francisco Duran; o presidente da Cooperativa de Mercado de Abastos, José Fernández; a concelleira Concelleira delegada de Emprego, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis; e a xerenta do Mercado de Abastos, Marta Rey Boquete.