Entréganse os diplomas aos bolseiros que colaboraron este ano co Hospital Veterinario Rof Codina
O Hospital Clínico Veterinario Rof Codina entregará, este mércores 23 ás 13:30 horas, os diplomas aos tres veterinarios que remataron o seu período de beneficiarios da bolsa de Inserción Laboral Caixanova neste centro.
Ao acto, que se celebrará nas propias instalacións, asistirán o vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Jesús Casabiell Pintos; a directora veterinaria do Hospital Rof Codina, María Luisa Suárez Rey; o xerente, Luis Felipe de la Cruz Palomino; a decana da Facultade de Veterinaria, Ana Bravo del Moral; e o delegado de Caixanova, Jesús Fernández Vidal.