Ir o contido principal

Entréganse en Lugo os diplomas do segundo Máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental

Os corenta e sete alumnos da segunda promoción do Máster en Prevencións de Riscos Laborais e Saúde Ambiental, organizado pola Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, recibirán este xoves 8 os seus diplomas nun acto que se desenvolverá no Salón de Graos do centro universitario lugués a partir das 19:00 horas.
Ao acto asistirán a vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos, Marta Miranda; a vicepresidenta segunda da Deputación Provincial, Lara Méndez; o decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, Jorge Rivera; o decano da Facultade luguesa de Ciencias, Francisco Fraga; e o coordinador do máster, José Carlos Quintás.
O obxectivo deste curso de posgrao da USC é formar técnicos de nivel superior en prevención de riscos laborais atendendo á formación requirida na lexislación vixente, o que supón promover o coñecemento da toxicoloxía laboral e a súa aplicación na prevención de enfermidades profesionais asociadas á exposición a axentes tóxicos así como proporcionar aos alumnos un coñecemento completo dos principais problemas ambientais e os seus efectos sobre os ecosistemas e a saúde.
Os alumnos que rematan este máster están capacitados para desenvolver o seu traballo como técnicos superiores de riscos laborais, tanto na empresa privada como nas institucións públicas, nas especialidades de seguridade no traballo, ergonomía e psicosocioloxía aplicada ou hixiene industrial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.04.2010.