Entréganse en Lugo os premios do concurso de proxectos de fin de carreira para Química Industrial e Tecnoloxía dos Alimentos
Os premios do concurso de proxectos fin de carreira nas titulacións de Enxeñaría Técnica Industrial na especialidade de Química Industrial e de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos entregaranse este martes 15 ás 13:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias de Lugo.
Ao acto asistirán os membros do xurado do concurso: o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga; o vicedecano, José Manuel Martínez; o decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, Jorge Rivera; e o director de Ingapan, Xosé Manuel Chousa. Tamén estarán presentes o presidente da asociación Atabeira, José Perejón, e a técnico de xestión de Altaga, Estíbaliz Santos, que colaboran coa USC na posta en marcha deste certame.
Farase entrega de tres premios en cada unha das titulacións, o que supón un total de 3.700 euros e a posibilidade de obter un contrato de traballo.