Ir o contido principal

Entréganse este venres os diplomas e orlas aos residentes do Hospital Veterinario Rof Codina

O Hospital Clínico Veterinario Rof Codina fará entrega este venres 21, ás 13:00 horas, das orlas e diplomas aos dez especialistas residentes que remataron o seu programa formativo de dous anos como internos neste centro.
No acto estarán presentes o persoal do hospital e o xerente do mesmo, Luis Felipe de la Cruz Palomino, que estará acompañado da decana da Facultade de Veterinaria, Ana María Bravo Moral.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2007.