O enxeñeiro agrónomo Xan Pouliquen presenta este martes na Escola Politécnica o libro ‘Producir leche de vaca ecológica’
O enxeñeiro agrónomo e xerente da empresa Xestión Agrogandeira e Natureza (Xangalicia), Xan Pouliquen, presentará este martes 10 de febreiro, a partir das 16.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo o libro ‘Producir leche de vaca ecológica’.
Pouliquen aproveitará o acto de presentación deste volume, unha sesión organizada polo grupo de innovación educativa da USC Ruralia, para achegar datos relativos ao número de explotacións ecolóxicas de vacún de leite, así como para informar ás persoas asistentes sobre aspectos técnicos e normativos, así como, entre outros, das condicións e resultados económicos da produción ecolóxica de leite.