Ir o contido principal

Enxeñeiros italianos presentan na ETSE un novo proceso de gasificación de biomasa e produción de enerxía

Os enxeñeiros italianos Salvatore Calculli e Renzo Vaiani presentarán este mércores, 5 de novembro, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría un novo proceso de gasificación de biomasa para producir enerxía eléctrica, térmica ou, como alternativa, hidróxeno.
Coa conferencia, que terá lugar ás 16:30 horas na Aula de Enerxías Renovables do centro, trátase de que a comunidade científica coñeza este novo proceso e debata os aspectos relacionados coa súa viabilidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2008.