Ir o contido principal

A EPS de Enxeñaría participa en Colombia no II Congreso Internacional de Investigación e Extensión en Ciencias da Enxeñaría

Amiama, terceiro pola esquerda, co reitor de Uniagraria e outros expertos internacionais convidados a CIIECI 2018
Amiama, terceiro pola esquerda, co reitor de Uniagraria e outros expertos internacionais convidados a CIIECI 2018
O profesor e coordinador do máster en Dirección de Proxectos da USC, Carlos Amiama, falou sobre procesos loxísticos na industria agroalimentaria no congreso de Uniagraria

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC vén de participar en Botogá no II Congreso Internacional de Investigación e Extensión en Ciencias da Enxeñaría CIIECI-2018, un foro organizado pola Fundación Universitaria Agraria de Colombia Uniagraria que congregou máis de 300 participantes e no que interviñeron como relatores investigadores e profesores de universidades de Colombia, España, México, Brasil, Perú, Alemaña e Venezuela.

A segunda edición do Congreso Internacional de Investigación e Extensión en Ciencias de la Ingeniería, un foro pensado como plataforma de proxección do coñecemento científico agroindustrial e orientado ao desenvolvemento do sector agrario e das súas xentes, serviu asemade de escaparate para a presentación en Suramérica dalgunhas da las mellores experiencias en innovación tecnolóxica, ambiental e de emprendemento.

Desde o convencemento de que o futuro está no sector alimentario, as diferentes sesións programados no marco do CIIECI 2018 permitiron afondar sobre cuestións diversas cuxa temática abrangue desde o desenvolvemento experimentado por Brasil como potencia mundial en tecnoloxía agrícola, os avances tecnolóxicos asociados ás impresas 3D e ás súas múltiples aplicación para o procesado de alimentos, as vantaxes do uso de drons na actividade agrícola, tanto para verificar o estado ou a súade dos solos, inspeccionar a calidade dos cultivos, a dimensión dos terreos…< /p>

A conferencia pronunciada neste congreso internacional polo profesor da Área de Proxectos de Enxeñaría da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo e coordinador do máster en Dirección de Proxectos, Carlos Amiama Ares, tamén tratou outro dos aspectos innovadores que contribúe á modernización da actividade e da produción agraria, tal e como é a mellora dos procesos loxísticos nas industrias agroalimentarias.

O II Congreso Internacional de Investigación e Extensión en Ciencias da Enxeñaría CIIECI-2018 serviu asemade de marco para que o reitor de Uniagraria, Luis Fernando Rodríguez Naranjo, aproveitara a presenza de investigadores internacionais para avanzar na elaboración de convenios coas súas universidades de procedencia, a fin de ofrecer á comunidade universitaria de Uniagraria una completa gama de posibilidades académicas e de cooperación internacional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2018.