Ir o contido principal

A EPS de Lugo acolle o martes e o mércores dúas conferencias sobre astronomía

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller está a participar no desenvolvemento da Semana da Ciencia con diferentes actividades de difusión da astronomía no ámbito universitario, que se estenderán este martes 20 e mércores ao Campus de Lugo.
Así, o martes, ás 13:00 horas, haberá unha conferencia de Manuel Andrade Baliño, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, co título ‘Um Universo inçado de partículas?’. Será no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo.
O mércores 21, e tamén ha EPS, haberá outra charla dentro deste mesmo programa, será a de Alberto Abad Medina, do Grupo de Mecánica Espacial da Universidade de Zaragoza, que falará de “Medio Siglo de navegación espacial”.
As charlas serán de entrada libre e gratuíta.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.11.2007.