Ir o contido principal

A EPS súmase aos actos do Día da Muller Traballadora coa mostra ‘A ciencia ten nome de muller’ e unha proxección de vídeos

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo súmase aos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller Traballadora coa apertura da exposición ‘A ciencia ten nome de muller’ e coa proxección de diversos vídeos sobre mulleres traballadoras en Galicia e referidos á historia da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora.

A mostra ‘A ciencia ten nome de muller’, que chega ao campus de Lugo cedida polo IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo, permanecerá aberta ao público no edificio da ampliación da EPS ata o vindeiro 13 de marzo, o mesmo escenario no que se reproducirán de xeito permanente diversos vídeos nos que se resalta a figura da muller traballadora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2015.