Ir o contido principal

O equipo de goberno visita o Verán CampUSC

O equipo de goberno visita o Verán CampUSC
O equipo de goberno visita o Verán CampUSC

Os nenos e nenas que estes días aprenden e se divirten nas instalacións lúdicas e deportivas da Universidade de Santiago co programa Verán CampUSC tiveron esta mañá unha visita sorpresa. A vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, e o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Duran, achegáronse ao pavillón polideportivo para charlar cos rapaces e rapazas e comprobar así o éxito desta iniciativa de conciliación familiar que comezou hai uns anos xestionada pola Fundación USC Deportiva.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.07.2013.