Ir o contido principal

Un equipo da USC, autor da análise do ciclo de vida do leite Unicla

Un equipo da USC, autor da análise do ciclo de vida do leite Unicla
Un equipo da USC, autor da análise do ciclo de vida do leite Unicla
Este leite acaba de obter o certificado de AENOR en Pegada de Carbono de Produto

A profesora Almudena Hospido e a investigadora Laura Roibás, do Grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC, foron as encargadas de realizar, xunto co departamento de I+D de CLUN, a análise do ciclo de vida do leite Únicla que lle permitiu obter o certificado de AENOR en Pegada de Carbono de Produto, convirtíndose así na primera láctea en obter esa certificación. As conclusións do estudo publicáronse na revista científica internacional sobre investigación do medio ambiente Science of the Total Environment .

O certificado acredita a veracidade do cálculo das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) efectuado en varios bricks dun litro de leite. A pegada de carbono é unha ferramenta de medición que contribúe á redución de emisións de CO2 en produtos e organizacións para combater o cambio climático; á creación dun mercado de produtos e servizos de baixo carbono que dá resposta á demanda social actual; e a identificar oportunidades de aforro en custes e eficiencia enerxética.

AENOR foi a entidade que certificou a análise do ciclo de vida do proceso produtivo do leite Únicla, sendo un dos escasos exemplos que existen desta análise no sector alimentario “desde a cuna ata a porta” dado que inclúe desde o cambio do uso da terra para o cultivo de alimentos para o gando, forraxes, piensos, maquinaria agrícola, vacas de todas as idades, instalacións gandeiras, transportes, envasado na fábrica e transporte ata a distribución.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2017.