Erasmus for Young Entrepreneurs expándese a catro novos mercados internacionais

O programa europeo de mobilidade para emprendedores Erasmus for Young Entrepreneurs (EYE) acaba de anunciar a expansión da súa rede a catro mercados da innovación global como son o Reino Unido, Canadá, os Estados Unidos e Singapur. Este paso confirma o compromiso do EYE coa internacionalización das empresas, o fomento da colaboración e con dotar ás PEMEs europeas coas habilidades e as redes precisas para prosperar nun mercado global competitivo.
Durante 15 anos, o programa EYE foi un referente no relacionado co intercambio empresarial, conectando a novos empresarios con empresarios experimentados a través de Europa. Coa inclusión destes 4 destinos chave internacionais, o programa que xestiona Uninova ofrece ás persoas participantes unha grande oportunidade para acceder a mercados globais, a ecosistemas empresariais innovadores e a oportunidades de mentoring.
Ao entraren en contacto con estes mercados globais, as empresarias e empresarios europeos gañarán acceso a novas oportunidades empresariais e desenvolverán habilidades cruciais en colaboración intercultural, comercio internacional e innovación dixital. Estas experiencias enmárcanse no interese xeral da EU de conseguir que as PEMES europeas sexan resilientes e estean mellor preparadas para o futuro.
A inclusión destes países fomenta o crecemento e intercambio mutuo. Os empresarios e empresarias anfitrións nestes novos países poderán ver os seus negocios desde ángulos diferentes, grazas ás persoas emprendedoras europeas, e obter contactos directos para acceder a mercados de ultramar, contribuíndo a un ecosistema dinámico e colaborativo.
Para máis información sobre como para participar nesta iniciativa da Unión Europea deberase contactar con rosa.sanchez [at] uninova.gal (rosa[dot]sanchez[at]uninova[dot]gal) e/ou www.uninova.gal.