Ir o contido principal

A Escola de Natación e Actividades Actuáticas da USC organiza no mes de xuño diversos cursos intensivos

A Escola de Natación e Actividades Acuáticas da USC organizará no mes de xuño próximo cursos intensivos dirixido a adultos, nas modalidades de iniciación, perfeccionamento e adestramento; aquagym, natación terapéutica e nenos/as, estes últimos tamén en iniciación e perfeccionamento. Estes cursos celebraranse entre o 1 e o 30 de xuño, para o que as persoas interesadas xa poden formalizar a súa matrícula se trata de persoal universitario da categoría A ou a partir do 21 de maio para universitarios co perfil B. Para acadar máis información, está dispoñible a web http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/ ou os teléfonos 8818 15071 ou 8818 15073

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.05.2012.