Ir o contido principal

A Escola de Negocios Uniemprende organiza un seminario sobre comercio internacional

A Escola de Negocios Uniemprende, responsable da formación do Programa de Creación de Empresas da USC, organiza entre os días 15 e 17 de abril un seminario sobre comercio internacional dirixido a xente de empresa, membros da comunidade universitaria, emprendedores e público en xeral.
Nas sesións académicas dotarase da formación precisa para que comprendan o proceso de globalización e a súa repercusión no comercio internacional dentro da economía europea e mundial e as súas perspectivas. Os asistentes tomarán ademais contacto coa lexislación de comercio exterior e coñecerán os procesos e técnicas humanas que se deben utilizar na realización do labor comercial e de marketing no eido internacional.
Cunha duración de quince horas, o curso impartirao en horario de tarde na Aula de Formación do Edificio Cactus (no Campus Sur) George Hall, diplomado en Marketing Internacional e en Mercados de Exportación e cunha ampla experiencia como consultor.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.04.2008.