Ir o contido principal

A Escola de Negocios Uniemprende da USC ofrece claves para negociar con vantaxes nos bancos

A Escola de Negocios Uniemprende da USC mantén aberto, ata o vindeiro día 20, o prazo de inscrición nun taller que outorgará claves sobre como negociar con vantaxes nos bancos. O curso desenvolverase na tarde do 27 de xuño na Aula de Formación do Edificio Cactus.
O taller está pensado para aprender como conseguir máis financiamento dos bancos e negociar as mellores condicións económicas (intereses e comisións), integrando técnicas que sirvan para calquera situación. Deste xeito, as operacións serán máis exitosas e servirán de práctica para seguir desenvolvendo esta habilidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2008.