Ir o contido principal

A Escola de Negocios Uniemprende da USC organiza un seminario de marketing e técnicas de ventas

Acadar a satisfacción das necesidades dos clientes só é posible aplicando con rigor e profundidade as diferentes ferramentas estratéxicas das que dispón o Marketing, que aportan ás pemes unha visión dinámica e actual. Con este fin a Escola de Negocios Uniemprende da USC organiza un seminario de marketing e técnicas de ventas.
O curso, de 16 horas de duración, desenvolverase os días 23 e 24 de setembro na Aula de formación do Edificio Cactus dirixido a emprendedores, xente de empresa, membros da comunidade universitaria e público en xeral interesado nesta temática. A preinscrición remata o vindeiro 14 de setembro.
Para máis información, os interesados poden chamar á extensión 16258 ou escribir a enu [at] usc.es (enu[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.09.2009.