Ir o contido principal

A Escola Politécnica acolle este mércores a entrega do premio do concurso de logotipos convocado polo Gidec da USC

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo acollerá este mércores o acto de entrega do premio do concurso de deseño de logotipos convocado polo Grupo de Innovación Docente de Enxeñaría Civil (Gidec) da USC, un galardón que recaeu na pontevedresa Letizia Silva.

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, presidirá a entrega do premio á galardoada, no marco dun acto no que tamén intervirán o director da Escola Politécnica Superior, Tomás Cuesta; o coordinador da titulación de grao en Enxeñaría Civil da USC, Alberte Castro; o investigador do Grupo de Innovación Docente de Enxeñaría Civil (Gidec), Carlos Núñez, e o ex vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón. A cerimonia de entrega de premios deste concurso celebrarase ás 13.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.06.2014.