Ir o contido principal

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo celebra este venres un acto cívico na memoria de Adalberto Álvarez González

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo celebrará este venres, día 23 de maio, a partir das 18.30 horas, no salón de actos do citado centro universitario, un acto cívico na memoria de Adalberto Álvarez González, profesor durante moitos anos na EPS recentemente falecido.

O director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno Lema, presentará este acto conmemorativo en recordo de Adalberto Álvarez, que se xubilou como docente da EPS logo de moitos anos de exercicio e tras ter desenvolvido un importantísimo cometido na vella escola universitaria de enxeñeiros técnicos agrícolas de Lugo. Neste acto cívico en memoria de Adalberto Álvarez, unha sesión aberta a participación de todas cantas persoas estean interesadas, intervirán alumnos e compañerios de Adalberto Álvarez, así como outras moitas persoas do ámbito profesional no que desenvolveu a súa actividade o finado. O profesor titular da EPS Desiderio Novoa Piñeiro intervirá en representación da USC, , mentres que o presidente de Calfensa Proxectos, José Ramón Panete Fernández farao en representación da empresa. O xefe de área da Consellaría de Medio Rural e do Mar, César Iglesias, en representación da Administración; Manuel da Cal, como sindicalista agrario; o ex alcalde de Burela e deputado provincial, Alfredo Llano García; o médico traumatólogo Mariano Castiñeira e Adalberto Álvarez Núñez, fillo do finado, serán outros dos relatores que participarán este acto de lembranza.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2014.