A Escola Politécnica Superior forma asesores de explotacións agrarias a través dun curso de aconsellamento rural
O edificio Cactus do Campus Terra da USC acolle desde este xoves ata o sábado 10 de setembro un curso de formación para asesores de explotacións agrarias, un módulo estuturado en catro créditos académicos que está coordinado polo profesor da USC Florentino Díaz Rodríguez e cuxa superación é obrigatoria para a obtención do certificado europeo Cecra.
O formador alemán Jochen Curlee será o encargado de impartir as sesións teóricas e prácticas incluídas no programa deste curso de formación continúa da USC, no que formalizaron a súa matrícula un total de 24 profesionais en exercicio, todos eles enxeñeiros agrícolas e agrónomos, así como veterinarios formados nas distintas facultades e escolas do Campus Terra da USC.
Os obxectivos que pretenden os promotores deste programa formativo dirixido a profesionais do asesoramento rural, tanto particulares como de empresas ou da Administración, pasan por mellorar a eficacia dos actuais servizos de aconsellamento, a través da actualización de coñecementos, mellora da cualificación e da formación periódica e continuada dos asesores.