Ir o contido principal

A Escola Politécnica Superior de Lugo organiza unha conferencia sobre a produción de leite en Arxentina

O relatorio correu a cargo do profesor da Universidade de Santiago del Estero Miguel Ángel González, especialista en pastos e xestión do gando vacún

A Escola Politécnica Superior de Lugo presentou o martes 12 unha conferencia sobre a produción leiteira en Arxentina. O relatorio foi impartido polo profesor Miguel Ángel González Pérez, especialista en pastos e xestión do gando vacún e autor de varias publicacións sobre manexo da produción bovina, recursos derivados de explotación de gando cabrún, semente de pradarías, rotacións ou aproveitamento dos prados naturais. O profesor González Pérez, lugués de nacemento, é enxeñeiro agrónomo na orientación de Zootecnia pola Facultade de Agronomía da Universidade de Buenos Aires. Na actualidade desenvolve a súa actividade docente como profesor adxunto de Sistemas Produtivos de Bovinos para Leite na Facultade de Agronomía e Agroindustria da Universidade Nacional de Santiago del Estero (Arxentina).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2012.