Ir o contido principal

A Escola Politécnica Superior de Lugo presenta o Máster en Enxeñaría para o Medio Rural

A Escola Politécnica Superior de Lugo presenta este martes, 3 de xullo, o Máster en Enxeñaría para o Medio Rural, titulación oficial do POP Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural que comezará no curso 2007-2008.

O novo máster pretende formar enxeñeiros especializados na xestión do medio rural, coa formación no desenvolvemento de proxectos, de infraestruturas, industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, incluíndo a xestión e dirección das mesmas, así como a planificación territorial. O programa de estudos conta cun módulo de prácticas en empresas do sector e a realización dun traballo de fin de máster.

Ao acto de presentación, que se celebrará ás 12:00 horas na Sala de Xuntas da EPS, asistirán os seus coordinadores, Ramón Velo Sabín e Carlos Álvarez López, e o director do centro, Javier Bueno Lema.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.07.2007.