Ir o contido principal

A Escola Politécnica Superior mantén aberta a inscrición no I Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural

A USC mantén aberto ata o vindeiro 23 de setembro o prazo de inscrición no I Concurso de Traballos Fin de Grao (TFG) sobre Enxeñaría e Muller Rural, unha iniciativa convocada pola Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC co obxectxivo de premiar aqueles traballos fin de grao de Enxeñaría Agrícola asinados por alumnas ou que teñan como temática o desenvolvemento de proxectos que melloren as condicións de vida e de traballo das mulleres no medio rural. Os organizadores deste certame, dirixido a estudantes dos graos en Enxeñaría Agrícola na Escola Politécnica Superior que defendan o seu TFG durante o curso 2015-2016, premiarán con 200 euros en metálico aos gañadores de cada unha das dúas modalidades recollidas nas bases deste concurso, cuxos galardóns están patrocinados polo grupo de investigación Proxectos e Planificación (Proepla) da USC. O xurado estará composto por profesoras das titulacións impartidas na EPS ou por persoas expertas na temática do concurso. Os membros deste tribunal valorarán a adecuación da temática das propostas recibidas á temática do concurso, a viabilidade da idea e o carácter innovador da mesma.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.09.2016.