Ir o contido principal

A Escola de Práctica Xurídica da USC organiza un ciclo de conferencias sobre 'A empresa: incentivos, riscos laborais e propiedade industrial'

A Escola de Práctica Xurídica da USC e a Consellaría de Traballo organizan un Ciclo de Conferencias sobre ‘A empresa: incentivos, riscos laborais e propiedade industrial’ que comezará este xoves 27 e se prolongará os vindeiros días 3 e 10 de abril. Trátase dun encontro dirixido a profesionais do Dereito, graduados sociais, economistas e estudantes destas disciplinas.
A primeira das citas previstas será hoxe xoves a partir das 18:00 horas no Salón de Actos do Colexio de Avogados de Santiago, onde o subdirector xeral de apoio á Contratación e a Emprendedores da Xunta de Galicia, Jorge Barros de la Peña, comentará os incentivos públicos á creación de empresas. Seguiralle na quenda de intervencións, a directora xeral de Relacións Laborais da administración autonómica galega, Pilar Cancela, para falar sobre ‘Empresa e riscos laborais’.
A próxima sesión do encontro celebrarase o día 3 de abril, e nela o catedrático de Dereito Mercantil da Complutense, Carlos Lema, pronunciará a conferencia ‘As creacións técnicas e os signos distintivos. A súa regulación no dereito europeo e no dereito español’. Completando esta segunda sesión a directora xeral da Asociación para a Defensa da Marca (ANDEMA), Soledad Rodríguez Antón, tratará a importancia e o valor dos dereitos de propiedade industrial como principal activo empresarial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.03.2008.