Ir o contido principal

A Escola de Relacións Laborais de Lugo ofrece a posibilidade de realizar un curso ponte semipresencial para a obtención do Grao

Os contidos das materias serán accesibles na web e os alumnos só terán que achegarse ao centro para a realización dos exames e para defender o traballo de final de grao

A Escola de Relacións Laborais do Campus de Lugo ofrece a posibilidade de realizar o curso ponte de obtención de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos de maneira semipresencial e sen límite de prazas aos diplomados en Relacións Laborais ou Graduado Social. Os estudantes que se decanten por esta opción só terán que acudir ao centro para a realización dos exames de cada materia, así como para a defensa do traballo de final de grao. Os contidos das diferentes materias están accesibles na ferramenta educativa Moodle; ademais dos temarios, tamén están dispoñibles os materiais interactivos e os exercicios de autoavaliación. Así mesmo, os estudantes contan cun coordinador do curso ponte e dous titores aos que se poden dirixir para resolver calquera dúbida. O prezo da matrícula é de 65 euros por crédito, e o seu pagamento pode repartirse en catro prazos. O alumno ten a posibilidade de matricularse da totalidade das materias do curso ponte, ou só da metade. A matrícula inclúe un dispositivo de lectura electrónica Kindle e unha licenza e unha licenza para a aplicación lingüística TellMeMore, para deste xeito facilitarlles a adquisición do nivel B1 nunha lingua extranxeira, obrigatorio para a obtención do grao. Existe tamén a posibilidade de convalidar 12 créditos para os diplomados e 15 para os graduados sociais por experiencia profesional debidamente acreditada. O Plan de Estudos pode consultarse neste enderezo web.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.07.2012.