Ir o contido principal

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría homenaxea aos profesores José Mira e Gabriel Tojo na celebración do seu patrón

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría que dirixe o profesor Juan Lema celebra este mércores, día 15, a festividade do seu patrón, que a partir das 12:00 horas no Salón de Actos da Escola presidirá o reitor Senén Barro.
Nese acto entregaranse os Premios Extraordinarios de Doutoramento, aos mellores expedientes, aos mellores proxectos fin de carreira, os Leonardo á Docencia así como as medallas aos que leven 25 anos prestando servizos na Escola.
HomenaxeLogo da celebración do Día da Escola todos os presentes sumaranse a unha homenaxe aos profesores José Mira Mira e Gabriel Tojo Barreiro, a quen se lles dedicará cadansúa aula no centro. No descubrimento das placas diante das aulas intervirán os profesores Manuel Bao Iglesias e Diego Cabello Ferrer.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.04.2009.