Ir o contido principal

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría persegue a normalización do inglés nas aulas

O 20% dos estudantes do centro recibe docencia nese idioma

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC imparte este curso un total de trece materias completas e doce grupos de materias prácticas en inglés. No caso das troncais ofértase a materia tanto en galego ou castelán como en inglés, mentres que as optativas danse só no idioma estranxeiro. Con esta iniciativa, coa que un 20 por cento do alumnado recibe algunha materia en inglés, trátase de mellorar as competencias lingüísticas dos estudantes, pretendendo como meta final ofertar unha materia nese idioma por curso e cuadrimestre. Para favorecer a incorporación de docentes ao programa, desenvólvese por terceiro ano consecutivo un curso de docencia de inglés para docencia, ademais de instalarse en todas as aulas de informática un programa de autoaprendizaxe e autoavaliación dese idioma.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2023.