Escolares lugueses visitan as novas instalacións da APLTA da USC co gallo do Día Mundial do Leite

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC celebra este mércores do Día Mundial do Leite 2015, unha efeméride conmemorada en todo o mundo o día 1 de xuño, que é a data establecida pola FAO co propósito de incentivar o consumo de produtos lácteos e de difundir os seus beneficios para a saúde, coa organización diversas actividades e obradoiros nos que participaron arredor dun centenar de escolares de ensino primario nos colexios Milagrosa e Illa Verde da capital luguesa.
O programa de actividades, entre as que se inclúe un percorrido polas distintas dependencias e instalacións da APLTA, charlas e obradoiros orientados á elaboración de queixos e iogures, desenvolverase a partir das 9.30 horas, cando chegou o primeiro grupo de escolares. Esta xornada de portas abertas prolongouse ata as 13.30 horas, un período durante o que os máis pequenos, acompañados de técnicos e persoal da APLTA da USC tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o proceso de transformación do leite e os beneficios saudables que reporta o consumo de lácteos. Programa e percorrido polo centro Os escolares dos centros educativos lugueses que participaron nesta visita ás novas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC percorreron as distintas dependencias da planta piloto e tamén a zona de talleres, onde persoal e técnicos da APLTA da USC ensinou aos máis novos algunhas das claves do proceso de elaboración de los derivados lácteos, como os queixos ou os iogures. A visita, durante a que os nenos e nenas participantes foron distribuídos en diferentes grupos, incluíu ademais unha charla informativa e explicativa sobre a importancia dos produtos lácteos nunha alimentación saudable e súa estreita relación coa saúde e a dieta equilibrada. Asemade, os escolares tamén recibiron información sobre as práctica para unha axeitada conservación dos alimentos. Os alumnos participantes tamén tiveron a posibilidade de degustar queixo crema con chocolate. Ao remate da visita, todos foron agasallados cunha camiseta conmemorativa, un caderno de actividades e unha bolsa de produtos lácteos cedidos polas distintas empresas que patrocinaron esta actividade: CAPSA, Casa Grande de Xanceda, Feiraco e Innolact. Charla informativa sobre os beneficios saudables do consumo de lácteos