Escolares do Pío XII asisten en Psicoloxía a unha xornada científica sobre neurociencia
Un grupo de 20 nenos e nenas de quinto e sexto de primaria do CEIP Pío XII asisten este mércores 25 ás 18.00 horas en Psicoloxía ao minicampus ‘Neurociencia: O cerebro construtor da realidade", que impartirá Montserrat Corral, do grupo de investigación NECEA.
Estes minicampus organízaos a ANPA do Pío XII en colaboración coa USC para achegar a ciencia aos máis pequenos. O curso pasado os rapaces e rapazas participaron en dúas experiencias cos grupos USCOSA de Óptica e no CIQUS da USC.