Ir o contido principal

Como escolle parella o animal que levas dentro?

Como escolle parella o animal que levas dentro?
Como escolle parella o animal que levas dentro?
As Nerdnites celebran o xoves 16 unha nova quenda de charlas científicas

Ataduras e profilaxe xurídica nos pactos sexuais é o título da charla que iniciará o próximo xoves 16 unha nova sesión das Nerdnites en Compostela da man da letrada da Xunta de Galicia Maria Isabel Novo Castro a partir das 21.30 horas. Neste nova quenda de Nerdnites, o seguinte dos temas versará arredor do tema ‘O enredo electrónico e outras cousas de familia’, desenvolvido por Juan Castro-Gil Amigo, secretario da Asociación Nacional de Produtores de Enerxía Fotovoltáica, mentres que o catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira porá o broche á xornada explicando ‘Como escolle parella o animal que levas dentro?’

Nerd
As NerdNites son unha proposta nacida hai anos en Estados Unidos e á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Articúlase en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno. Esta iniciativa conta coa colaboración da Área de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2015.