Ir o contido principal

O Espazo Ebook da USC supera os sesenta títulos en apenas medio ano de funcionamento

Acaba de incorporar ao seu catálogo nove títulos, todos eles novidades do Servizo de Publicación da USC, ademais da posibilidade de descarga gratuíta doutros títulos

O Espazo Ebook, a libraría dixital da USC, eleva a máis de sesenta o número total de ebooks que actualmente ofrece o Servizo de Publicación da USC dende posta en funcionamento desta libraría o pasado mes de abril. As novas incorporacións son nove monografías sobre La ciencia del suelo ; La poesía de Hernando de Acuña ; Iconos de la tiranía ; David Hume: Diálogos sobre la religión natural ; English Spelling for EFL Students ; Dicionario de Ensino e Aprendizaxe de Linguas ; Disponibilidad léxica del español de Galicia ; Edith Wharton: Back to Compostela e El español idiomático da juego . Todas elas novidades editoriais do Servizo de Publicacións da USC que xa están dispoñibles para a súa adquisición e descarga dende calquera recanto do planeta. O Espazo Ebook incorpora ademais como innovación a posibilidade de descarga gratuíta doutros títulos. A expansión dixital das publicacións da USC increméntase igualmente coa incorporación das novidades a plataformas internacionais de distribución de contidos dixitais como Casalini, Unebook, Meubook , E-libro.net e Google Books. Para explicar todo este proceso técnico de complexas implicacións no terreo da propiedade intelectual, o director do Servizo de Publicacións Juan L. Blanco Valdés participará o vindeiro día 17 na mesa redonda 'Edición digital: nuevos soportes, nuevos formatos', que terá lugar en Almería na XXX Asamblea da UNE.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2011.