Ir o contido principal

Especialistas internacionais en implantoloxía reúnense estes días en Santiago

O profesor da USC Juan Blanco Carrión é quen preside a cita anual do Grupo ITI (International Team for Implantology) que esta fin de semana se reúne en Santiago e que o venres 11 inaugurará o reitor compostelán Juan Casares Long ás 9.00 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. O programa do congreso ‘Implantoloxía clínica baseada na evidencia’ inclúe contidos científicos referidos a tratamento e decisións na zona estética, novas tecnoloxías aplicadas e complicacións na práctica implantolóxica diaria. Ademais, contémplanse sesións paralelas para técnicos dentais e hixienistas e cursos pre congreso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2012.