Especialistas de renome analizarán na USC a narrativa breve de escritoras británicas contemporáneas

A escritora escocesa Janice Galloway e especialistas en literatura e xénero de renome internacional participarán a vindeira semana no seminario internacional ‘ Gender and Short Fiction: Women's Tales in Contemporary Britain’ que se desenvolverá na Facultade de Filoloxía.
O seminario, coordinado por Jorge Sacido e Laura Lojo, está organizado polo proxecto de investigación Contos de mulleres: A narrativa breve de escritoras británicas contemporáneas (1974-2013) e o grupo Discurso e identidade coa colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero da USC. Para participar é preciso inscribirse previamente a través do correo electrónico noemi.pereira [at] usc.es (noemi[dot]pereira[at]usc[dot]es).