Ir o contido principal

Especialistas da USC presentan en Chile un traballo sobre o papel dos tribunais de contas

Os profesores Luis Caramés e María Cadaval presentaron esta semana en Santiago de Chile, no transcurso das IV Xornadas Iberoamericanas de Financiamento Local, un relatorio sobre o control externo nos gobernos subcentrais no que se discutiu o papel dos Tribunais de Contas en España e nos países federais, non só como órganos de control senón tamén no seu papel de avaliadores de políticas públicas. Neste terceiro encontro, en cuxa organización estivo implicada a USC baixo os auspicios do Banco Interamericano de Desarrollo (BID), participaron especialistas do BID, da CEPAL, do Ministerio de Economía e Finanzas de Arxentina, do Banco da República de Colombia e de universidades de Italia, Perú, Arxentina, Chile, México, Brasil e España. A sede das V Xornadas será Santiago de Compostela.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.09.2015.