Ir o contido principal

A Estación Científica do Courel acubilla esta fin de semana un curso de iniciación á apicultura da AGA

Cartaz do curso de iniciación á apicultura
Cartaz do curso de iniciación á apicultura
A inscrición permanece aberta ata este mércores 11 de maio no enderezo electrónico info@apiculturagalega.es ou nos números de teléfono 981 508 142 e 981 589 534

A Estación Científica do Courel acubillará nas súas instalacións de Seoane os días 14 e 15 de maio un curso de iniciación á apicultura impartido por profesionais da Asociación Galega de Apicultura. As sesións formativas programadas ao abeiro desta actividade desenvolveranse en quenda de mañá e tarde, en horario de 11.00 a 14.000 e de 16.00 a 19.00 horas.

O prazo de inscrición neste curso de iniciación á apicultura permanece aberto ata o mércores 11 de maio. As persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula no enderezo de correo electrónico info [at] apiculturagalega.es (info[at]apiculturagalega[dot]es) ou a través dos números de teléfono 981 508 142 e 981 589 534. A inscrición é de balde para os socios de AGA e o custe para as persoas non asociadas é de 50 euros, taxa que inclúe un manual de apicultura.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2016.