Ir o contido principal

A estación meteorolóxica do Observatorio recolleu 56,3 litros/m2 esta pasada noite

Entre as 23.00 horas deste luns e as 10.00 horas do martes 13 o pluviómetro da estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC colectou un total de 56,3 litros/m2 que poñen fin a unha seca en Compostela de practicamente tres meses de duración.

Con tal cantidade de choiva, a presente xornada convértese en Santiago na segunda con máis precipitacións do que vai de ano, logo de que o 7 de xaneiro se recolleran 88,6 l/m2. Dende o 25 de setembro de 1998 (63,6 l) non houbera neste mes de setembro un día tan chuvioso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.09.2016.